Moisés Domínguez: «En Ribeira hai unha situación de ingobernabilidade e é preciso un partido que resolva os problemas»
ELECCIONES 28M

O candidato do Partido Galego é unha das novas caras que concorre ás eleccións municipais
24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Moisés Domínguez é unha das novas caras da política ribeirense e chega coa ilusión de lograr un oco no pleno como representante do Partido Galego.
—É moi complicado arrancar un proxecto político de cero, que os impulsou a presentarse?
—É moi difícil, pero decidimos presentar a candidatura porque viamos unha situación de ingobernabilidade total e é necesario un partido que resolva os problemas. Por un lado está un executivo que fai caso omiso das necesidades dos veciños, e, polo outro, unha oposición que non fai propostas serias e construtivas.
—Con que propostas se presenta o Partido Galego?
—En urbanismo, rematar a estación de autobuses con todos os servizos, a creación dunha alameda nos terreos que hai detrás do colexio O Grupo e executar a nova biblioteca. No ámbito sanitario, apostamos pola mellora do actual centro de saúde e por dotalo de médicos suficientes, ao igual que ao de Corrubedo, e tamén propomos a creación dunha praza de psicólogo. En economía, é prioritario ampliar o polígono de Xarás no seu emprazamento actual e reactivar o casco urbano, e en medio ambiente é imprescindible a prevención de incendios.