Federico Sánchez: «Hai que impulsar un parque empresarial porque, sen el, non hai traballo en Carnota»

M. G. RIBEIRA / LA VOZ

ELECCIONES 28M

CEDIDA

Compromiso por Galicia afronta a súa primeira participación nunhas municipais en Carnota

24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Compromiso por Galicia presenta por primeira vez candidatura en Carnota, encabezada por Federico Sánchez, un veciño convencido de que se pode facer máis para solucionar os problemas dos veciños.

—Que agarda do 28M?

—Espero que a xente vaia votar, se non está conforme coas propostas que hai, que vote en branco, pero que vote.

—Con que obxectivo se presenta?

—Preséntome para mellorar a calidade de vida dos meus veciños, para resolver os problemas da xente.

—E cales son as súas propostas para conseguilo?

—Levamos máis de un ano traballando neste programa e é moi amplo, pero hai algunhas cuestións fundamentais. Para empezar, impulsar un parque empresarial porque, sen el, non hai traballo. Desde o Concello tamén se pode optar directamente a fondos europeos para facer obras sen ter que agardar por outras Administración que os xestionen, e os servizos sociais son fundamentais. Hai moita xente soa e necesitamos un sistema propio de alarma para esas persoas, desfibriladores nas parroquias, unha ambulancia, casas do maior... Hai moito por facer: unha escola de oficios, un plan de xestión do monte...