Manuel Seijas: «Non sei en que se vai traducir, pero estamos recibindo un apoio brutal, fomos de menos a máis»
ELECCIONES 28M

A Marea de Noia aspira a incrementar a súa representación
24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Recoñécese gratamente sorprendido polo apoio que está recibindo a Marea Cidadá de Noia nesta campaña, un respaldo que dá folgos e que eleva as expectativas de Manuel Seijas, que espera que o seu grupo aumente a súa representación.
—Oito anos na oposición supoñen un desgaste para o proxecto?
—Sinceramente, empezamos a campaña un pouco á expectativa, a ver cal era a resposta e se eramos capaces de reconectar coa xente e o certo é que fomos de menos a máis e estamos reencontrándonos coa xente que se ilusionou hai 8 anos. Non sei en que se vai traducir, pero estamos recibindo un apoio brutal.
—Cales son as bases que sosteñen o seu programa?
—Hai catro patas centrais. Unha é a conciliación, na que entran a construción dunha escola infantil pública e o centro de día. No eido económico, as principais propostas teñen que ver coa ampliación de chan industrial, algo no que hai que traballar desde o minuto un porque as empresas están marchando a outros concellos, e a contratación dun axente local de igualdade. O saneamento e protección da ría, cun plan a dez anos para facer unha rede separativa. E, por último, desenvolver políticas de igualdade.