O debuxante, humorista gráfico e creador de opinión segue a campaña electoral cun certo escepticismo
07 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Xaquín Marín, debuxante, humorista gráfico e creador de opinión con máis seguidores dos que el admite, segue a campaña electoral con un certo escepticismo; máis que por os programas, espera xulgar ao próximo Goberno polos feitos.
-¿Está seguindo a campaña?
-Algo. Pero mira que eu son moi galego, eh. Quero dicir que non vou definirme nada.
-Non fai falta. ¿Ve que cambiou a forma de facer política desde as primeiras eleccións?
-Cambiou, pero, vamos, o resultado probablemente sexa o mesmo. Ao mellor cambiaron as formas nos políticos e tamén en moita xente. Xa non se pode falar como antes de certas cousas, pero eu non acabo de ver unha mellora. Eu, desde logo, perdín bastante ilusión.
-¿Qué lle pediría ao Goberno que saia despois destas eleccións?
-O que eu vexo máis prioritario é que non teñan tanto apego ao poder e que non o utilicen no seu proveito.
-¿Cre que vai ser verdade iso de que a política española xa nunca será igual?
-Nas formas pode darse, pero no fondo... non sei, hai que darlles tempo. Porque o poder estraga moito a xente.
-¿Ve algunha faceta manifestamente mellorable?
-A cultura, é evidente. Penso que está peor ca nunca; as condicións son moi duras. Pero tamén hai que dicir que iso provoca que haxa reaccións, e estamos vendo que hai xente que canto máis duros son os tempos, con máis creatividade responde.