O Poder Xudicial reelixe a Carlos Dívar presidente da Audiencia Nacional

La Voz A. T. | MADRID

ESPAÑA

16 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPJ) reelixiu o venres por unanimidade ao maxistrado Carlos Dívar como presidente da Audiencia Nacional. Trátase dun consenso moi pouco habitual nunha institución coñecida pola división e o enfrontamento entre os vocais de tendencia conservadora e progresista. ?A reelección de Dívar produciuse o mesmo día en que o CXPJ remitiu á Audiencia Nacional a sentenza pola que o Tribunal Supremo anula o nomeamento de Javier Gómez Bermúdez como presidente da Sala do Penal dese órgano xudicial. ?O Consello Xeral do Poder Xudicial prevé reunir o vindeiro martes á comisión de cualificación para que elabore a nova terna de maxistrados aspirantes a presidir a Sala do Penal. A terna, ademais de Gómez Bermúdez, formarana os maxistrados Baltasar Garzón e Alfonso Guevara. A elección producirase en xaneiro.