Os veciños de Santa Fe nunca esquecerán a noite do pasado xoves. Un terremoto de 3,8 graos na escala de Richter tivo o seu epicentro nesta localidade granadina e deixouse sentir, ademais, en varias localidades da provincia e mesmo nalgunhas poboacións de Málaga e Murcia. O sismo repercutiu especialmente en Loja, Armilla, La Azubia, Ogíjares, Cijuela e Granada capital. As primeriras consecuencias que deixou este tremor de terra foron de insomnio e de sorpresa, pois os veciños destes municipios víronse sorprendidos non só polo movemento de terra, senón tamén polo «impresionante» ruído que lle acompañou, e moitos pasaron a noite fóra das súas casas. Aínda así, o terremoto non ocasionou incidencias de consideración. Granada e Málaga son os dous puntos da xeografía española máis propensos a movementos sísmicos. O secretario do Instituto Andaluz de Geofísica, Jesús Ibáñez, asegurou que «adóitanse producir varios [terremotos] ao longo do ano, que nin sequera senten entre a cidadanía».