Circular, como a historia

FERROL

PAISANAXE

20 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

DURANTE COARENTA anos houbo quen pensou unir un país e levantou un muro imaxinario que non se vía máis que na mirada das persoas. Cando caeu se ergueron resentidos que, como dicía Benedetti, nunca esqueceron que o olvido esta cheo de memoria. Que o pasado non pasou. Homes e mulleres de ámbolos dous lados de muro, con máis o menos xustificacións, se é que pode habelas cando o que lles move é o rencor para restañar vellas feridas. Moi novas as veces. A esa xente Alcalá ponlles nome e apelidos para que o lector non se vexa reflexado na historia, na fábula de soños, esperanzas e medos na que o escritor infire dende o principio coa excusa -pero que excusa- de atopar eso tan imposible que é a verdade. Xavier Alcalá escolle un cacho da Historia, así, con maiusculo, porque a outra, a que vai con letra pequena, a fábula, esa é súa. E nese curto espacio de tempo (que nunca se nos di) opta por media ducia de personaxes dentro dunha mesma realidade, dun círculo que ven sendo esa Historia. E como tal sempre hai vencedores e vencidos. Por eso Alcalá podería escribir de novo Fábula , sen cambiar unha letra, e sería un conto tamén do novo século. Un romance mal dixerido.