?arbajales subliña que «a aposta pola cultura debería ser unha prioridade municipal», e resalta que «a falta de cartos é un argumento que non se pode estar utilizando ano tras ano». -Pero o Concello non está precisamente nunha magnífica situación económica... -O presuposto de Cultura nunca foi dos máis altos, e de todas maneiras eles terían que plantexarse, por volver ao tema do Jofre, que un teatro coma ese non pode funcionar, no que atinxe á súa programación, cos mesmos fondos que se lle dedican á antigua capela do Hospital de Caridade. Hai que buscar unha solución xa, porque o teatro vai empezar a funcionar en cuestión de meses. -¿Cal será a solución, daquela? -Hai moitas fórmulas de xestión posibles: dende a creación de fundacións ou padroados até involucrar na xestión a empresas privadas. E hai algo que tamén quero dicir: cando anuncian que pretenden traer a Els Joglars para a inauguración, quizais deberían lembrar que con inaugurar non chega, que a programación ten que continuar. E aparte, outra cousa: se o Jofre vai ser público, debería ser inaugurado por unha compañía pública. Xa sexa o Centro Dramático Galego, o Centro Dramático Nacional, ou, se prefiren cataláns, polo Centro Nacional de Cataluña.