Un cabalo saíndo da néboa

FERROL

DENDE ESCANDOI | O |

26 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HOXE, cando abra o día, se acertan as predicións do tempo, as brétemas do fin do mundo (non as do Apocalipse, senón as das últimas terras de Europa) envolverán a Serra da Capelada, tan rica en peregrinos defuntos e vivos, a porta de pedra de San Andrés de Teixido, outeiro de montes sobre o Grande Mar. E así, cando as súas cabalgadoras xentes xunten o gando bravo para ilo marcar, os ecos do rexo galope das bestas de longas crinas que dormen a ceo aberto, dos animais sen ferrar, viaxará pola montaña cedeiresa coma se nacese dun soño. ¡En verdade é ben certo que ha de ser algo digno de non esquecerse nunca xamais....! Porque ¿haberá cousa tan fermosa coma un cabalo saíndo da néboa nese País de Lonxe onde o ceo o debuxan as campás?