«Porque Andrés o merece»

La Voz M.H. | FERROL

FERROL

Crónica | Volcados co desaparecido Do Barro Así xustificaba Xavier Alcalá os eloxios que antonte lle tributou ao recoñecido cantante ferrolán, mentres aseguraba que «supuxo un antes e un despois na música e no idioma»

29 mar 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Non des ao esquecemento. Ese é a frase que leva por título o ciclo que repasa a historia recente de España e que, novamente, este pasado martes tivo lugar en Fene. Sin embargo, máis ca nunca, estas palabras tiveron antonte un significado especial, xa que, falando de música, se lembrou a un dos ferroláns máis recoñecidos: Andrés Do Barro. De ahí, que a cita se convertera nunha emotiva homenaxe a quen espallou a historia do tren que vai pola beira do Miño por todos os rincóns do mundo. Para falar de Do Barro, ata Fene achegáronse personaxes de primeira liña. O escritor Xavier Alcalá, letrista dalgunhas das pezas máis coñecidas do cantante, non quixo perder a oportunidade de falar do «fenómeno social Do Barro». E, sobre todo, salientou que foi un hito histórico que «nunhas datas tan complexas, toda España cantase en galego». Pero non soamente con palabras se lembrou a unha das figuras claves da música galega dos 70. Os feneses puideron ver, en primicia, un adianto do documental O tren que me leva, dirixido por Anxo Fernández. Un traballo audiovisual que en seis meses se presentará en Ferrol e que conta con testimonios de 30 familiares e amigos de Do Barro. Nunha tarde de emotividade, non faltaron nin as anécdotas nin as referencias a que, gracias ao documental, sairán á luz tres novos temas do cantante que mantiña gardados unha persona en A Coruña. Uns e outros, insistiron en que a súa figura supuxo «un antes e un despois na historia da música e do idioma». E nada máis lonxe da realidade: horas despois desta xuntanza, na entrega dos premios de teatro galegos María Casares, a cita remataba coa canción de O Tren coreada por un auditorio abarrotado.