Crónica | Un Concello minado polas loitas persoais da corporación
06 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.?rala precipitada dimisión de Modesta Anca por mor dunha sentenza e, sobre todo, despois de que o pasado venres, José Rei, grazas a unha peculiaridade legal, saíse elixido alcalde só co seu voto a pesares de que o PSOE o expulsara do partido, é doado dicir que en Cabanas se cumpre a máxima que reza que en política todo vale. Sen embargo, cómpre mirar atrás e reparar no feito de que, moito antes de que estas dúas insólitas situacións se producisen, o consistorio cabanés levaba xa tempo preñado de ácedas disputas; polémicas entre concelleiros que, para maior desgraza, responden máis a odios persoais que políticos. Pero que, ao fin, nun Concello sen maioría absoluta, invalidan as posibilidades dun goberno construtivo e converten os plenos en escenarios onde, o que máis sente o público, é vergoña. Surrealistas sesións As últimas sesións plenarias, a da dimisión de Anca e a da elección de Rey, serven como mostras. Por poñer exemplos, o pasado venres, tras saberse que ningún dos compañeiros de filas apoiaba a candidatura de José Rey, ao que o partido tampouco quería como alcaldable, as descualificacións persoais comezaron a facer mella. «Traidor, despois do que fixo pola túa familia» díxolle o portavoz de Iniciativa Veciñal Cabanesa a un edil socialista. «Pola miña non, pola túa si que fixo... e ti sabes ben o que», respondeulle o aludido, Jesús Freire. E non só houbo insultos: as quendas de palabra non se respectaban; as risas duns concelleiros eran habituais cando falaban os outros; houbo incluso, por parte do portavoz do PP, berros a un veciño do público porque movía os brazos «mucho desde atrás»; saíron a relucir nomes de familiares dos concelleiros para sacar os seus trapos sucios; oíuse, entre outras, que «Coque non pode ser candidata porque vive nunha casa que hai que tirar canto antes». Con ese espectáculo, non é tan de estrañar que o resultado sexa, a día de hoxe, a surrealista situación de ter un alcalde que está a buscar, cunha recollida de firmas entre os militantes socialistas, os apoios que non ten nos, ata agora, compañeiros de filas. E que, á vez, haxa un grupo de goberno que só pensa en derrocar a Rei. Si porque, onte, concelleiros como a socialista María José Cabana indicaban que non se senten xa «ediles de nada» e como mostra está que ela renunciou ao soldo que cobraba do Concello. «Ese señor non é o meu alcalde», dicía onte Cabana como mostra de que as espadas, no consistorio, están máis en alto agora que nunca.