A biblioteca municipal duplicou o número de socios dende o 2005

La Voz LA VOZ | FERROL

FERROL

15 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

A Biblioteca Juan Fernández Latorre acaba de presentar o balance de actividade do pasado exercicio. O 2006 preséntase como o mellor da súa recente historia: un ano no que o centro conseguiu aumentar lixeiramente o número de visitas, incrementou substancialmente os socios e duplicou o número de préstamos entre o público adulto.?Sen embargo, o dato máis reseñable é que, grazas á apertura das novas instalacións e a ampliación de servizos, o centro conseguiu dobrar nos dous últimos anos o seu número total de socios. Así, dos arredor de 1.400 que rexistra na actualidade, 658 inscribíronse no último bienio. ? Pero as boas novas non só van referidas ao incremento no número de socios. Así, as cifras de visitantes medraron con respecto á anualidade anterior en case 1.700 usuarios (en total, houbo 17.926 visitas). E esta tendencia á alza reflectiuse tanto nas consultas en sala como os préstamos a domicilio, sobre todo de libros e material audiovisual. Éstes últimos incrementáronse ao redor dun 16%. Destaca tamén o papel xogado polas campañas de animación lectora desenvolvidas, especialmente para os máis novos. Arredor de 1.500 nenos asistiron ás sesión de contacontos. ? Os títulos favoritos Por segundo ano consecutivo un best seller de Dan Brown, que neste caso foi A conspiración foi o libro máis demandado polos usuarios adultos da biblioteca. Entre os mozos, a publicación máis solicitada foi Crónicas de Narnia e o incombustible Harry Potter. E, na sección infantil, foi unha familia galega a que arrasou: trátase, xa que logo, de Os Bolechas.