«Levamos dende xaneiro cun proceso interno duro»

Andrés Vellón Graña
Andrés Vellón FERROL / LA VOZ

FERROL

ANGEL MANSO

Branco, que queda fóra do Parlamento Galego, censura a polarización da campaña «entre o PP e Beiras»

24 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Fernando Branco (As Pontes, 1957) queda fóra do Parlamento Galego despois de ser deputado no mandato 2005-2009 e dende o 2011 ao 2012 «coa saída de Anxo Quintana». Culpa dos malos resultados do Bloque á polarización da campaña entre PP e «Beiras» e non oculta a factura que pasou o proceso interno dos nacionalistas.

-¿Como valora os resultados obtidos polo BNG?

-Son claramente negativos.

-¿A que os achaca?

-Proxectouse unha polarización da campaña entre o PP e Beiras, e iso beneficiou a ámbolos dous polos. Iso, evidentemente, fagocitou a outras forzas e, en concreto, ao BNG.

-¿Pero non hai nada de autocrítica no partido?

-O sábado hai Consello Nacional e eu non me quero adiantar, porque ahí se abrirán os procesos pertinentes dentro do partido e sacaremos as valoracións que teñamos que sacar. Pero está claro que o PP fixo a campaña perfecta, dende o mesmo adianto da convocatoria das eleccións. Non deu conta de nada do feito durante o anterior mandato nin deu ningún tipo de proposta programática, algo que só fixo o Bloque.

-¿Cree que falta un liderazgo claro no BNG nesta zona?

-Eu sobre o liderazgo... O que está claro é que o BNG abriu dende xaneiro un proceso interno moi duro e iso desgasta a calqueira organización. Foron varios meses nos que se visualizou máis ao Bloque en clave interna que en clave externa, e iso tamén pasou a súa factura.

-Queda fóra do Parlamento... ¿Quedará representada a comarca por parte do Bloque nese foro?

-O BNG sempre reparte a representación dos territorios, e designarase a un compañeiro ou compañeira que representará a esta comarca. Polo demais eu, como o resto no Bloque, somos corredores de fondo. Foi un mal resultado e, despois da análise correspondente, seguiremos traballando polo ben de Galicia, que é o que levamos facendo sempre.