Os alumnos de Pontedeume sementan versos

LA VOZ PONTEDEUME

FERROL

Onte partciparon nenos co CPR Luis Vives, deixando os seus poemas no paseo
Onte partciparon nenos co CPR Luis Vives, deixando os seus poemas no paseo JOSÉ RÍOS

Rapaces dos distintos centros plantan os seus poemas no paseo marítimo Rosalía de Castro

23 mar 2021 . Actualizado a las 17:27 h.

«Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino». É un dos versos que sementaron os alumnos do CPR Luis Vives, onte, no paseo marítimo Rosalía de Castro, en Pontedeume. A delegación municipal de Educación promove esta Sementeira de Versos, unha iniciativa para fomentar a poesía entre os rapaces, que este ano, sen actividades extraescolares polo covid, serve para que saian dos centros. Os escolares de Primaria e Secundaria do resto dos centros seguirán sementando versos ao longo da semana.

A concelleira de Educación, Alejandra Bellón, poeta, destaca a oportunidade de divulgar «un xénero literario que está ao alcance de todo o mundo». Máis, subliñou, «nun pobo de tantos poetas, que espera que o Día das Letras Galegas se adique a Ramiro Fonte».