
15 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
Os sindicatos galegos presentaron na Delegación do Goberno da Coruña na mañá de onte a solicitude formal de indulto para Xesús Anxo López Pintos, ex secretario da CIG de Ferrol condenado pola Audiencia Provincial da Coruña tras ser detido nunha protesta no 2012. Canda o escrito asinado polos secretarios xerais da CIG, CC.OO., UGT e CTG, achegáronse as 5.500 sinaturas que foron recollidas durante os últimos meses en apoio ao indulto. As centrais explican que, aínda que a Audiencia Provincial acordou a suspensión da pena, defenden que se lle conceda o indulto «como símbolo de xustiza».