Acampa pola Paz premia a Rafael Pillado pola súa vida de loita

LA VOZ FERROL

FERROL

CESAR TOIMIL

O sindicalista recentemente falecido recibirá o recoñecemento na categoría galega

09 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O sindicalista Rafael Pillado, recentemente falecido, recibirá o III Recoñecemento Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos na categoría galega. No apartado internacional, o galardón é para o expresidente de Uruguai, Pepe Mújica.

Sobre o histórico Rafael Pillado Lista, ferrolán que adicou a súa vida a loitar contra a ditadura franquista e despois polos dereitos dos traballadores, Acampa destaca que obtén este premio «polo seu compromiso inquebrantable». A Rede Acampa celebra de Pillado que foi «un incansable loitador dos dereitos sociais e políticos da clase traballadora».