Fin de festa do programa infantil Informática Divertida de Narón

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

El concejal Román Romero en la presentación de esta actividad
El concejal Román Romero en la presentación de esta actividad Cedida

Remataron as sesións na Aula Cemit de Xuvia

06 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

As sesións do programa infantil Informática Divertida de Narón xa remataron este venres na Aula Cemit de Xuvia. Ata alí se trasladaron a alcaldesa Marián Ferreiro, e o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero. Nesa Aula Cemit ofertábanse 24 prazas en quendas de mañá e tarde, e dez para cada local social das parroquias.

«Este programa está pensado para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e, ao mesmo tempo, para que as nenas e nenos de entre 8 e 12 anos poidan divertirse dun xeito tamén formativo, coas novas tecnoloxías», destacou a alcaldesa.

Nenas e nenos aprenderon a programar con Minecraft, Star Wars e Frozen.