![Caldo de Gloria en Ortigueira polo Día de Rosalía de Castro](https://img.lavdg.com/sc/4Hlq88LGvVNWjjugC8b_D1CXGmo=/480x/2024/02/23/00121708715882290642694/Foto/F_20240223_201351000.jpg)
Os actos se multiplican na honra da matriarca das letras galegas
24 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.No verán de 1864, Rosalía de Castro descansou coa súa familia en Breamo (Pontedeume). E grazas a esta paisaxe recuperou a inspiración para escribir Cantares Gallegos, ademais de celebrar a romaría do Seixo en Mugardos. Ferrolterra, Eume e Ortegal conservan esa conexión coa matriarca das letras galegas. E na celebración do Día de Rosalía de Castro, léronse poemas e tamén se volveu a probar o seu Caldo de Gloria.
Cunha receita sacada do poema Miña casiña, meu lar, saboreouse na residencia de maiores de Ortigueira e no centro Aspromor, ademais de en locais de hostalería deste concello. No Concello de Ferrol, houbo lectura de poemas cos alumnos do IES Carvalho Calero e unha posterior ofrenda floral na estatua da poeta.
Os actos continúan hoxe en Narón, onde haberá ás 11.00 unha lectura na biblioteca municipal. En Odeón, o Grupo de Autores de Ferrolterra ofrece un recitado. E no IES Punta Candieira de Cedeira, haberá o luns poemas dramatizados en dez idiomas.