Os Maios chegan a Narón o día 11 cunha alfombra de dez metros de Leandro Lamas
FERROL
Poderá crearse entre todas as persoas interesadas a partir das 11.00 da mañá
03 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Con flores e música, Narón tamén celebrará a chegada da primavera. E así será o 11 de maio, sábado da semana próxima, coa festa dos Maios. A estrela do programa será a elaboración dunha gran alfombra floral na praza de Galicia, con deseño do artista naronés Leandro Lamas.
Como indicaron a alcaldesa e presidenta do Padroado de Cultura, Marián Ferreiro, e a vicepresidenta da Sociedade Cultural Areosa, Maribel Mouriz; a alfombra iniciarase ás 11.00 e «ocupará unha superficie de dez metros de longo por dez de ancho, cun deseño que xa pode verse no cartaz dos Maios». Poderán participar na súa elaboración todas as persoas que o desexen.
Ás 16.30 no centro cívico de Piñeiros será a concentración con saída ás 17.00 á Praza de Galicia. Alí haberá a partir das 18.00 horas xogos florais, música e obradoiros.