Valón, epicentro dos actos do Día da Muller Rural en Ferrol: «Son todo un símbolo de resiliencia»

La Voz FERROL

FERROL

Rey Varela suliñou o impulso do colectivo «á producción local»

20 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu onte pola tarde aos actos conmemorativos do Día da Muller Rural, que este ano están a ter lugar na parroquia de Valón.

Durante a visita, o rexedor reflexionou sobre a importancia do papel que desempeñan as mulleres nas contornas rurais no referente á economía local e á conservación das tradicións. Neste senso, indicou que «historicamente o traballo da muller rural foi subestimado, pero hoxe son símbolo de resiliencia e son unha importante voz no impulso á producción local e ao consumo responsable».

O alcalde agradeceu a todas as mulleres que fixeron posible a programación ofrecida nesta xornada en colaboración coa Agrupación das asociacións de veciños do rural, así como ás asistentes ás diferentes actividades que se organizaron.

Entre elas estaba previsto un roteiro guiado por diferentes lugares de interese de Valón, seguido por un espectáculo de narración oral a cargo de Atenea García horas. Xa pola tarde, ás 16.00 horas, a actividade continuou cunha visita guiada á mostra do alumnado de cestería coiro, fío de lá de ovellas e bolillos e tivo lugar un faladoiro sobre muller e emprendemento no rural.