Nova edición do certame de poesía e imaxe En galego, sen filtros en Ferrol

La Voz FERROL

FERROL

Os alumnos dos centros de ensino da cidade e da comarca poderán enviar os traballos ata o 28 de febreiro

16 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Centros de ensino non universitario de Ferrol e comarca están chamados a participar na vixésimo quinta edición de do certame de poesía e imaxe En galego, sen filtro. Convocado polo Concello de Ferrol, xunto á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, este concurso busca promover o uso do galego en distintas en manifestacións artísticas. Para a realización das obras, o alumnado debe escoller como motivo de inspiración unha das propostas de textos ofrecidas. Haberá dúas modalidades de participación: a primeira para debuxo, pintura, colaxe e fotografía, e a segunda, para pezas audiovisuais. Poden ser de autoría individual ou colectiva. E os centros deberán remitilas entre mañá, día 17, e o 28 de febreiro a cequipnormalizacion@gmail.com.

Coas obras presentadas para a fase intercentros realizarase unha exposición.