O colexio da Solaina celebra o entroido con música tradicional galega

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Entroido do colexio A Solaina en Narón.
Entroido do colexio A Solaina en Narón. Cedida

Soaron pandereteiras e cantareiras, «nunha excelente oportunidade para as tradicións»

28 feb 2025 . Actualizado a las 20:27 h.

No seu desfile de Entroido, o coleixo da Solaina (Narón) contou coa música de pandereteiras e cantareiras mentras tamén soaban as cancións das Tanxugueiras. Os nenos percorreron as rúas de Santa Icía, «nunha excelente oportunidade para unirnos e celebrar as nosas tradicións», indicaron desde a dirección do propio centro. 

Participaron alumnos, familias, mestres e veciños. E a dirección expresou o seu orgullo polo éxito deste festexo.

No desfile fíxose unha parada especial para saúdar aos alumnos da Escola Infantil Municipal da Solaina, quenes tamén se uniron á festa cos seus disfraces.