Ana Pontón participa nun acto do BNG sobre Castelao en Ferrol

La Voz FERROL

FERROL

CARMELA QUEIJEIRO

A portavoz da formación nacionalista estará acompañada por Manolo Rei e Iván Rivas, e Leandro Lamas desenvolverá en directo unha intervención artística

13 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A portavoz do BNG, Ana Pontón participará hoxe nun acto público no que a formación nacionalista reivindicará a figura de Castelao, con motivo do 75 cabodano do escritor. Celebrarase a partir das sete e media da tarde no antigo Hospicio. E xunto á líder do Bloque intervirá o escritor e divulgador Manolo Rei e o voceiro municipal, Iván Rivas. Leandro Lamas desenvolverá en directo unha intervención artística.