Equiocio e Gadis asinan o convenio de colaboración

laura chaos / a. u. FERROL / LA VOZ

FERROL

DANIEL LEIRA

19 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Gadis e Equiocio renovaron este venres, no Antigo Hospicio Municipal, a súa histórica alianza para a celebración de emblemático evento ecuestre, mediante a fima do que constitúe o vixésimo sexto convenio consecutivo de colaboración entre ambas entidades.

O acto, presentado por Ricardo Pérez Lama, presidente do comité organizador de Equiocio Ferrol, deu comezo cunha pequena intervención na que o avogado ferrolán rememorou as orixes desta longa colaboración e finalizou coa firma do convenio deste ano, no que estamparon a súa sinatura tanto el como Fernando Mosquera, adxunto ao delegado de área de Gadis en Ferrol.

No acto celebrado no Antigo Hospicio tamén tomou a palabra Melisa Pagliaro Fernández, directora de Márketing e RSC de Gadis, quen fixo especial fincapé en que, para a empresa que representa, «a responsabilidade social non é só un lema, senón tamén unha práctica».

A continuación, Pagliario revelou unha das novidades que se introduce na edición 2025 do Equiocio: a Cociña Creativa de Gadis. Esta iniciativa patrocinada pola cadea de supermercados está enfocada a nenos e nenas de 3 a 16 anos e busca fomentar hábitos saudables de alimentación e consumo.