Terra Galega celebrará o 14 de setembro a tradicional Festa do Río na Área de Pedroso
FERROL

La alcaldesa, Marián Ferreiro, participará en el encuentro
20 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.As persoas que queiran asistir á tradicional Festa do Río que Terra Galega celebrará o vindeiro 14 de setembro na área recreativa de Pedroso deben chamar ao teléfono 698 166 544 para adquirir os tiques da comida de confraternidade que o partido celebra anualmente cada mes de setembro.
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participará na convocatoria, na que tamén estarán o coordinador do partido en Narón, Ibán Santalla; o secretario xeral da formación, Guillermo Sánchez Fojo, e edís e exedís da corporación local naronesa.
A celebración comezará ao mediodía, cunha sesión vermú na área recreativa de Pedroso que se completará con xogos interxeracionais, para persoas de todas as idades. Ao mediodía, terá lugar baixo unha gran carpa a comida de confraternidade.