Narón aproba o plan estratéxico de axudas a deportistas de élite

la voz NARÓN

FERROL

Concello de Narón.
Concello de Narón. JOSE PARDO

A contía total para tres anualidades e as nove liñas de actuación do PES supera os 3,2 millóns de euros

09 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A corporación local aprobou por unanimidade, onte nunha sesión plenaria extraordinaria, a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello. No mesmo contémplase unha liña específica, entre outras, para o deporte, que inclúe subvencións para deportistas de élite, a asociacións que fomenten o deporte e da promoción do deporte. A contía total para tres anualidades e as nove liñas de actuación do PES supera os 3,2 millóns de euros.

Nesa mesma modificación do PES recóllese o incremento das contías subvencionadas a diferentes entidades, como Acción Familiar, Aspaneps, Cogami e a Asociación BBTTA. A maiores, incorpóranse dúas novas liñas estratéxicas e de subvención, para a promoción do medio ambiente e voluntariado.

Na sesión saíu tamén adiante as obras da segunda fase do POS+ adicional da Deputación, no que se contempla destinar 273.440 euros para mellorar as rúas da urbanización do Couto.