Califica de «caótica e vergoñenta» a situación das liñas a A Coruña e Santiago e pide que se lle abra expediente a Monbus
14 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O BNG de Ferrol tilda de «caótica e vergoñenta» a situación na que se encontran as liñas de autobuses que comunican Ferrol con A Coruña e Santiago, «con continuo abandono de usuarios nas paradas e negativa das empresas a volver ao percorrido establecido despois do remate das obras do bulevar das Pías».
O concelleiro nacionalista Roberto Montero acusa á Xunta e ao alcalde de Ferrol de «mirar para outro lado e dilatar unha solución pola complicidade que manteñen permanentemente coa empresa Monbus». Montero explica que as respostas da concelleira de Mobilidade de Ferrol ás preguntas relacionadas con está situación son «que Monbus non fai caso á Xunta, pero non hai resposta de por que nunca se lle abre un expediente sancionador para esta empresa polos seus reiterados incumprimentos».