Máis de medio milleiro de persoas asistirán este domingo á Festa do Río de Terra Galega
FERROL
FERROL
A formación celebrará o seu tradicional encontro na área recreativa de Pedroso
14 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Máis de medio milleiro de persoas asistirán este domingo á Festa do Río de Terra Galega na área recreativa de Pedroso. Militantes e simpatizantes do partido disfrutarán dun xantar de confraternidade e da música e xogos populares. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, estará acompañada na convocatoria polo secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, o coordinador local do partido na cidade, Ibán Santalla, e compañeiros da corporación.