O escritor ferrolán converte nun monumental libro un sinnúmero de historias dos que, a medio camiño entre a épica a e poesía, fixeron que Galicia tamén habitase o outro lado do mar
22 oct 2025 . Actualizado a las 21:55 h.O escritor ferrolán Arturo Lezcano (fillo, por certo, daquel outro Arturo Lezcano, magnífico periodista e magnífico escritor tamén, que lle presentou a Vicente Risco a Carlos Casares e que tivo un lugar central na cultura galega da segunda metade do século XX) publica un novo libro, «O país invisible: a epopea atlántica da diáspora galega». Unha obra monumental que ve a luz da man da editorial Libros del K.O., e que converte en letra impresa un sinnúmero de historias dos que, a medio camiño entre a épica a e poesía, fixeron que Galicia tamén habitase o outro lado do mar.
(Historias, todo sexa dito de paso, como a de Pepe la Muerte, que era de Sillobre, en Fene, e que tanto sabía de Lucky Luciano e desas sombras de Nova York que, co paso do tempo, inspirarían a Mario Puzo e Francisco Ford Coppola esa historia impagable que é a ¡a de "El Padrino".
O libro preséntase este xoves, ás 19 horas, na Central Librera da Rúa Dolores, nun acto no que o autor estará acompañado por Xosé Hermida.
«Este vaise i aquel vaise, / e todos, todos se van...», din os versos de Rosalía que serven de pórtico a este novo libro de Lezcano.
Galicia, e Deus ben o sabe, non se entendería, fronte á historia, e sobre todo fronte á eternidade, sen as xentes da emigración.