A formación recrimina o «mal de ollo» da Xunta cos veciños de Ferrolterra que «simplemente queremos un transporte público digno»
01 nov 2026 . Actualizado a las 18:51 h.O BNG celebrou onte unha reivindicativa festa de Samaín na estación de autobuses «pantasma» de Ferrol. O estado de abandono e os constantes problemas que sofre este servizo fixeron que a formación escollese este escenario para denunciar que as instalacións «levan anos convertidas nunha auténtica obra mestra do terror contemporáneo», onde «intentar chegar a tempo ao destino deixou de ser ciencia ficción». O BNG considera que viaxar en transporte público dende Ferrol é «un ritual espiritista: a ver se hoxe aparece o autobús ou se esfumou definitivamente entre a néboa». E denunciaron «o mal de ollo» da Xunta aos veciños que «simplemente queremos un transporte público digno».
O PSdeG-PSOE criticou onte tamén o abandono da estación e reclama solucións á Xunta.