
O peche, previsto para as sete da tarde, será cun sorteo
15 jun 2025 . Actualizado a las 18:35 h.EtnoEume mira ao pasado. A Feira Etnográfica de A Capela viaxou este domingo pola historia da man do público e dos artesáns tradicionais que se xuntaron para fiar, tornear madeira, traballar coa pedra e o ferro, ou facer cestas. E tamén lles ensinaron aos máis novos como crear pezas de cerámica ou cestas, e a buscar auga cun salgueiro (da man dun zahorí).
«Aos pequenos gústanlles moito os obradoiros», comentaba Abel Fraga, do Museo Etnográfico, que organiza a feira, co mercado de produtos da terra, antigüidades, artesanía ou segunda man, e todo o demais.
Para toda esta xornada programaron música, con Vai Rañala Meu e Os Netos do Escribano; xantar (polbo ou churrasco); desafíos rurais con xogos dos de sempre, unha recreación dos vellos lavadoiros, coas lavandeiras de Sillobre, e sorteos para o remate, ás sete da tarde.