
Damecuerdaqueteatro, Alentía Teatro, Cioyo Teatro e a Asociación Cultural Cardume son os grupos participantes
07 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A compañía Damecuerdaqueteatro, de Pontedeume, abrirá a cuarta Mostra de Teatro de As Pontes coa obra «A besta da illa», un drama para maiores de 12 anos, cun grupo de oito nenos que acaba nunha illa deserta. Será o día 15 e logo virán outras tres, todas ás oito da tarde. O 22,
Alentía Teatro representará «O Xuízo», sobre a contribución das mulleres á cultura galega ao longo dos séculos, xeración a xeración. O 29 será a quenda do grupo de Castropol Cioyo Teatro, coa obra Agua de Celos; o o 5 de abril rematará coa peza O galego, a mulata e o negro, da Asociación Cultural Cardume, sobre a reconstrución do pasado galaico-caribeño.
As invitacións pódense retirar na páxina www.aspontes.sacatuentrada.es ou unha hora antes de cada función na billeteira do Cine Alovi. Organiza o Concello con axuda das compañías locais Queimaisten Teatro e O Catre Teatro.