Música, xogos, sardiñas asadas, touciño e moito humor na Noite Meiga da localidade de As Pontes
AS PONTES
AS PONTES
A velada máis máxica do ano vivirase no espazo de Canle IV
21 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.As Pontes vivirá a Noite Meiga no espazo de Canle IV con actividades para todos. Para os máis pequenos, o Concello organiza teatro de proximidade, obradoiros de pompas de xabón e caracterización, e un espectáculo de rúa participativo, «Pola noite de San Xoán, meigas veñen, meigas van». Mestura música, baile, xogos e humor «para mergullarse nas tradicións da noite máis máxica do ano».
Despois, ás oito e media da tarde do luns, comezará a cea popular, con dous posibles menús: sardiñas, pan e bebida, ou touciño, chourizo, pan e bebida.
Ás dez está prevista a actuación da orquestra La Banda de Ayer, prólogo do acendido da fogueira, á medianoite, e do espectáculo de fogos de artificio. Logo volverá a música. O Concello anima a participar.