As Somozas celebra a romaría de San Isidro coa bendición de cabalos, xantar e música
AS SOMOZAS
AS SOMOZAS

Actuarán o dúo Venus, Tocada Xou e Los Coleguitas
18 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Este sábado é día de romaría no municipio de As Somozas. Celébrase o San Isidro, cunha misa programada para as 13.30 horas, a bendición de cabalos e a, sesión vermú, amenizada polo dúo Venus e Tocada Xou.
Despois haberá un xantar popular, no que se servirá empanada, callos, xarrete, queixo con marmelo, proia, café e chupito, todo por 25 euros. Será gratis para os nenos de ata 8 anos, e só terán que pagar 15 os que teñan entre 8 e 12.
A xornada festiva rematará con música vespertina, cunha nova actuación do dúo Venus, e tamén coa interpretación de Los Coleguitas. A comisión anima a veciños das Somozas e dos arredores a achegarse e gozar da romaría.