Fene creará un novo museo sobre a súa historia e o seu patrimonio rural

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Será na Escola Unitaria de Sillobre

31 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Na Escola Unitaria de Sillobre, contará Fene cun museo para amosar ao mundo a súa historia, a memoria e o patrimonio rural tanto desta como doutras parroquias. A iniciativa parte de Ferrolterra Antiga e a SCRD Agarimo, e conta co apoio do Concello.

As primeiras reunións xa se celebraron entre o goberno local e as entidades. A proposta busca «recuperar e poñer en valor a riqueza etnográfica de Sillobre, dinamizando o rural, estimulando o pequeno comercio e fomentando a creación de actividades produtivas ligadas á artesanía e á agricultura».

O espazo, cunha sala de exposición permanente, «potenciará proxectos culturais xa existentes, como a Ruta das Lavandeiras ou a da Santa Compaña, e desenvolverá produtos culturais que reforcen a nosa identidade», segundo o alcalde Juventino Trigo.