Fene prepárase para unha edición da Fashion Night, que se celebrará o sábado 7 de xuño

La Voz FENE

FENE

Desfiles en otra edición de la Fashion Night de Fene
Desfiles en otra edición de la Fashion Night de Fene César Toimil

Máis dunha veintena de locais participarán nesta cita, que contará tamén con concertos, exhibicións de baile e ambientación nas rúas

04 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Fene prepárase para unha edición da Fashion Night, que se celebrará este sábado 7 de xuño. Un total de 24 locais comerciais participarán nesta cita, que contará tamén con concertos, exhibicións de baile e ambientación especial nas rúas.

O evento reunirá moda, música e animación nas rúas, cun claro obxectivo: promover o comercio local e dinamizar a vida social e económica do concello. A actividade, organizada pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene, desenvolverase de 10 a 14 e de 18 a 22 horas, nos 24 locais participantes, que ofrecerán descontos especiais, ofertas exclusivas e un ambiente único para as compras.

Durante a xornada, as rúas estarán decoradas con torres de globos, alfombras, sofás e flores, creando un espazo atractivo e acolledor que invitará a veciñanza e visitantes a pasear e descubrir as propostas do comercio fenés. Ademais, haberá música ambiente nos establecementos Roiben, Jomer, DaMa, Bualá e Berline, contribuíndo a crear unha atmosfera festiva durante toda a xornada.

A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, salientou que «a Fashion Night é unha oportunidade para redescubrir o comercio de proximidade, con produtos de calidade, atención personalizada e prezos moi competitivos». «Desde o Concello apoiamos esta iniciativa, tanto con recursos económicos como loxísticos, porque cremos nun modelo de concello vivo, no que o comercio teña un papel protagonista na dinamización social e económica», engadiu.