Vinte e dous escritores da zona participaron nas xornadas literarias de Maniños, en Fene

LA VOZ FENE

FENE

CEDIDA

O Concello e os colectivos O Pote e Aetna organizaron este encontro

17 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Vinte e dous escritores de Ferrolterra participaron nas segundas xornadas literarias organizadas polo Concello de Fene, a sociedade cultural, recreativa e deportiva O Pote e a Asociación Etnográfica da Natureza (Aetna), o sábado, día 13 de xuño.

Iago Fandiño e Paula Carballeira compartiron coloquio e Marta Villar, gañadora do Premio Xerais de novela, presentou o seu libro neste encontro de Maniños.

Este acto celebrou no interior dunha carpa que se montou para a ocasión e o control do son correu a cargo de S & J, segundo informan desde a organización.