A iniciativa do Concello pretende poñer en valor «a figura máis relevante da Galicia do século XX»
28 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Como despedida do Ano Castelao, o Concello de Fene acollerá este venres ás 20.00 horas a representación da obra Retrincos de Castelao. En decembro, Fantoches Baj subirá á escea coa peza Castelao, un corazón á intemperie. E desde hai uns días, a Casa da Cultura (onde se poderá ver a peza teatral do venres) conta na súa fachada cun mural adicado a este escritor, debuxante e político.
No mural aparece a súa silueta cunha das súas citas: «Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma».
A iniciativa pretende «poñer en valor o seu pensamento político, filosófico e social, que o converten na figura máis relevante da Galicia do século XX».