'As damas de Ferrol', o paraíso perdido entre humor negro e guiños ao naval

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

Ensaios da obra 'As damas de Ferrol'
Ensaios da obra 'As damas de Ferrol' CESAR TOIMIL

A obra de Teatro do Noroeste representarase este venres e o sábado no Jofre

30 nov 2023 . Actualizado a las 04:14 h.

Naceron As damas de Ferrol hai xa vinte anos, como traxicomedia negra coa cidade naval como protagonista. E agora regresan ao teatro Jofre, dirixidas por Clara Gayo con pegada feminista e o telón de fondo do paraíso perdido. A obra de Eduardo Alonso, coas actrices Mónica Caamaño e Casilda Alfaro, poderá verse venres e sábado ás 20.30 horas con prezos que van dos dez aos doce euros. Segundo Clara Gayo, «a obra ao igual que a cidade son unha metáfora do que foi pero tamén do que pode ser, da gloria pasada e da reinvención».

 Teatro do Noroeste (40 anos de historia) produce a peza con ritmo de jazz, co apoio de Agadic e a colaboración do Concello. A historia xira en torno a «dúas supostas irmás xa maiores, Lourdes e Maruxa, noutrora vinculadas á clase acomodada, que viven agora soas e na miseria». Gayo aportoulles «empatía e sororidade». E a escenografía amosa «ese punto decadente, do que se desmoronou pero pode reconstruírse».

Indica Mónica Caamaño que «esta obra é moi local pero tamén universal, pode ser calquera cidade que sufriu cambios». E Eduardo Alonso apúntase á morriña: «En 1968, tiña 19 anos e estaba a punto de actuar no Jofre cando un inspector da censura apareceu berrando para prohibir a obra... ata desexei que se suspendera, pero finalmente celebrouse».