O pleno de Ferrol aproba o Consello Sectorial da Memoria Democrática

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

Inauguración do Memorial ás Vítimas do Franquismo, no ferrolán barrio de Canido
Inauguración do Memorial ás Vítimas do Franquismo, no ferrolán barrio de Canido JOSE PARDO

Por decisión unánime da corporación

27 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Por decisión unánime do pleno, a corporación de Ferrol aprobou o xoves a creación do Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática. A iniciativa partiu dunha moción do PSOE.

Este órgano asesor do Concello «dará continuidade á Mesa da Memoria Histórica e abordará a creación do seu propio regulamento».

Ao pleno acudiron os investigadores de memoria histórica Bernardo Máiz, Xosé Manuel Suárez, Beatriz Rascado e Manuel Fernández Pita.