![](https://img.lavdg.com/sc/iiyG2LzuY2TVBTdoRAj5lk0-OpE=/480x/2024/05/07/00121715100781942786208/Foto/F02E9048.jpg)
O Concello programa un pasarrúas, música e degustación de petiscos para o sábado
08 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A feira do 11 de Moeche cumpre cen anos este sábado, 11 de maio. O Concello organiza actividades para conmemorar o centenario desta cita mensual, a partir das 11.45 horas, coa animación do pasarrúas de Pulpiño Viascón.
A partir das 12.00 haberá degustación de petiscos e actuará o grupo Encrucillada, que presentará o seu novo disco ás 13.00. Segundo explican desde o goberno local, «a Feira de Moeche aparece xa referenciada en documentos do século XVIII, no que se reflicte o seu traslado da freguesía de San Xurxo á de San Xoán.
En pleno século XXI, subliñan, «segue e conserva o tradicional papel das feiras na economía rural, e o 11 e o 23 de cada mes Moeche énchese de vida e actividade».