Moeche repartiu 363 racións de callos polos cen anos da Feira do 11

la voz MOECHE

MOECHE

CEDIDA

Houbo música e os veciños animáronse a bailar

15 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A actuación de Encrucillada (na imaxe), o pasarrúas de Pulpiño Viascón, a proxección dun vídeo dun día da feira de comezos dos 90 e 363 racións de callos e baile. Foron os ingredientes da celebración do centenario da Feira do 11 de Moeche, que organizou o Concello.

A alcaldesa, Beatriz Bascoy, subliña que «Moeche segue e conserva o tradicional e fundamental papel que xogaron as feiras na economía rural, e o 11 e o 23 de cada mes, cando se enche de vida e actividade coa naturalidade que dan os moitos anos de celebración da Feira».

Deste xeito, engade, as feiras constitúen «un referente da economía modestina, produtos locais, noces, embutidos, mel, pan, empanadas, queixos, verdura fresca, froita, legumes…, o polbo á feira, a visita ao mercado do gando, os tecidos, as plantas e flores, as ferramentas…Tradición e autenticidade van da man».