Moeche xunta máis de 3.400 firmas para pedir que se repare o tellado do colexio e máis docentes
MOECHE
Nais, pais, exalumnos, membros do goberno local e de varias asociacións secundaron a concentración de onte diante do CEIP San Ramón
15 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Nais, pais, exalumnos do centro, membros de distintas asociacións do municipio, a alcaldesa e algunha concelleira... Todos secundaron a concentración convocada pola Anpa do CEIP San Ramón, de Moeche, para protestar polo pésimo estado do tellado do centro (de uralita e con goteiras) e reclamar que o reparen.
Tamén se manifestaron para solicitarlle á Xunta o aumento de horas do especialista de Audición e Linguaxe, para non ter que compartilo con outro centro, que se volva designar un especialista de Pedagoxía Terapéutica, o desdobramento das aulas de 1.º e 2.º de Primaria e o nomeamento dun mestre de apoio «con carácter urxente».
Este venres, día 15, presentarán por rexistro as 1.607 firmas recadadas para pedir máis docentes e as 1.716 para que a Consellería Educación arranxe o tellado do colexio.