
Haberá música, un obradoiro de maquillaxe, inchables e chocolate con churros
30 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Os Reis Magos volven adiantar a súa visita a Moeche. Chegarán o venres, día 3, ás 17.30 horas, á nave do mercado, onde se celebrará unha festa infantil. A vantaxe, como subliñan desde o Concello, «é que a rapazada non terá que andar apurada na noitiña do 5 tentando achegarlles as cartas».
A Asociación de Veciños de Labacengos e a Anpa do CEIP San Ramón colaboran co Concello para darlles a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar. Haberá música, un obradoiro de maquillaxe e inchables.
Ademais de falar cos nenos e as nenas que asistan, e degustar «un saboroso chocolate con churros» elaborado polo colectivo de Labacengos.