A comunidade enerxética de Moeche, seleccionada como proxecto piloto galego

LA VOZ MOECHE

MOECHE

<span lang= gl >A alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, no medio de fronte</span>
A alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, no medio de fronte CEDIDA

Contará con fondos europeos do programa de cooperación transfronteiriza Interreg POCTEP España-Portugal

22 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Moeche foi seleccionado para desenvolver o segundo proxecto piloto galego de comunidade enerxética local da iniciativa Celrural, financiada con fondos europeos do programa de cooperación transfronteiriza Interreg POCTEP España-Portugal. Tamén participan a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia. Este recoñecemento «é un gran impulso para o proceso de creación da comunidade enerxética, iniciado hai un par de anos», destacan desde o Concello.

En marzo, o Concello de Moeche presentouse xunto con outros  á convocatoria de selección dun concello piloto, impulsada pola Fegamp, no marco do proxecto CEL Rural. Finalmente, resultou seleccionado para desenvolver o segundo proxecto piloto en Galicia do proxecto CELRURAL, que ten como obxectivo «a implementación de enerxías renovables en zonas rurais mediante comunidades enerxéticas locais», explican fontes municipais.

O proceso participativo valorou criterios técnicos, sociais e de viabilidade territorial. Moeche acadou a nota máis alta destacando polo seu compromiso institucional, potencial en innovación social e aliñamento cos obxectivos estratéxicos do proxecto. «A elección como piloto supón un recoñecemento ao compromiso co desenvolvemento local sostible e participativo», celebran desde o goberno local, que preside a nacionalista Beatriz Bascoy.