A asociación de veciños organiza a xornada para recoller axuda para o banco de alimentos
25 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación de Veciños de Labacengos, en Moeche, organiza unha tarde solidaria no local do Ventoeiro, este domingo, ás cinco da tarde.
O grupo teatral Licor Café, de Cabanas, representará a obra «A idade do pavosaurio», a través da Deputación da Coruña.
E despois haberá chocolate con churros de balde. Recolleranse produtos non perecedoiros para o banco de alimentos Balrial Ferrol. Inscrición no 606 729 038.