Narón sorteará cestas de Nadal, vales de compra e entradas ao parque Warner Bros

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Presentación da Campaña do Nadal de Narón
Presentación da Campaña do Nadal de Narón Cedida

O Concello lanza cos comerciantes a campaña para estas festas

06 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro da Campaña do Nadal do Comercio de Narón, o Concello colaborará cos pequenos empresarios co sorteo de varios agasallos entre os clientes: dende cestas de Nadal, ata vales de compra e entradas ao parque Warner Bros. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou esta iniciativa xunto con Susana Oreona, secretaria da Asociación de Comerciantes. O programa iniciouse onte e continuará ata o 31 de decembro.

Os clientes terán que depositar as papeletas cos seus datos persoais (nome, apelidos e teléfono) nas urnas dos establecementos debidamente sinalizados. Cada tenda establecerá un importe mínimo de compra para entregar o boleto. E os participantes optarán a diversos premios: catro cestas con produtos de Nadal; tres vales de compra por importe de 1.000, 600 e 400 euros respectivamente; e entradas ao parque da Warner Bros en Madrid para dúas persoas, incluíndo o aloxamento nun hotel concertado e con almorzo.

Cada semana durante a campaña, elixirase por sorteo público ao comercio no que a organización sorteará cada cesta. Tanto eses premios como os restantes «comunicaranse telefónicamente á persoa agraciada e as entregas levaranse a cabo no Concello de Narón». A adhesión á campaña dos comercios locais permanecerá aberta durante a vixencia da mesma.