O BNG naronés pide información ao goberno local sobre os futuros orzamentos

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón
Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón CEDIDA

Amosa a súa «preocupación polo feito de que o executivo en minoría traballe sen rumbo»

15 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Narón reclama ao goberno local, en mans de Terra Galega, unha negociación en torno aos orzamentos municipais para 2024. E asegura que «non coñecemos nada» das partidas que prepara TeGa. O propio Bloque presentou por rexistro as súas propostas orzamentarias o día 8 de outubro para o Concello de Narón, «abrindo un prazo para o diálogo que nunca se deu por parte do goberno».

Nun comunicado, os nacionalistas amosan a súa «preocupación polo feito de que o executivo en minoría traballe sen rumbo e sen entender a importancia da negociación para uns orzamentos que xa van con retraso». Y consideran «urxente establecer un diálogo aberto co conxunto da corporación para que Narón conte cuns orzamentos xustos, equitativos e que melloren o concello».

Goberno en minoría

Considera o BNG que «calquera goberno en minoría debe establecer diálogo desde a humildade e, por iso, no último pleno reclamamos contar polo menos cun borrador».Incide a voceira nacionalista na corporación, Olaia Ledo, en que «escoitamos constantemente que somos a octava cidade galega, pois a octava cidade ten un executivo incapaz de negociar ou presentar un borrador de orzamentos, mentres recorta recursos a entidades e asociación».

Por último amosa a súa «preocupación ante un goberno sen rumbo que pretende aprobar uns orzamentos con despotismo, que fala de Narón como feudo verde cando nin tan sequera é quen de manter a ruta dos muíños en condicións, e que pretende ademais recortar a quen máis o necesita».