Competiron cinco centros educativos de toda España, dous deles de Narón
10 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Nas I Olimpiadas Nacionais Escolares de Seguridade Viaria, o equipo Universión do colexio de Piñeiros logrou o segundo posto. Esta primeira edición celebrouse no Pazo da Cultura de Narón, co primeiro posto para Los Tobíos do CEIP Lois Tobío de Viveiro.
En total, a esta final pasaron cinco equipos educativos. O terceiro posto foi para o alumnado do centro San Cernín de Pamplona, o cuarto para Los Ayalas do CPR Ayala de Narón, e o quinto para o CPB Tirso de Molina de Colmenar Viejo (Madrid). Segundo a alcaldesa Marián Ferreiro, «a gran traxectoria desta cidade na materia é froito do intenso labor desenvolvido dende o Concello e da implicación do persoal docente e familias».
A competición consistiu en catro probas: unha tipo test, unha audiovisual, unha artística, e por último descubrir unha palabra con catro pistas.