Os Bolechas lanzan un libro sobre Neda para educar en igualdade

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Presentación entre nenas e nenos do novo libro dos Bolechas en Neda.
Presentación entre nenas e nenos do novo libro dos Bolechas en Neda. Cedida

«Xuvia pode ser o que queira!» amosa ademais espazos emblemáticos como a fervenza do Belelle ou Ancos

02 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Neda acaba de presentar esta semana un libro dos Bolechas, ambientado nesta vila e que educa en igualdade, chamado Xuvia pode ser o que queira!.

Amosada na escola infantil e no campamento de verán, a obra editada polo Concello «pon en valor espazos emblemáticos como a fervenza de Belelle ou Ancos, e fala de oficios desempeñados por mulleres como as tecedoras na fábrica de Xuvia, as costureiras a domicilio, as mestras ou as panadeiras». E no libriño Os Bolechas visitarán á súa amiga Xuvia, e coñecerán diferentes puntos desta localidade. 

Os Bolechas foron creados polo debuxante e guionista Pepe Carreiro.